Amancio Ortega ingresa 859 millóns por dividendos de Inditex
Amancio Ortega ingresa 859 millóns por dividendos de Inditex
A súa última adquisición en Escocia, pola que pagou 237 millóns de euros, supón case un terzo do que percibirá esta semana pola retribución da téxtil
Amancio Ortega ingresará mañá luns 859 millóns de euros polos dividendos de Inditex.
Trátase da primeira retribución do ano que vai aboar a empresa aos seus accionistas. Ortega recibirá en total este ano máis de 1.700 millóns en concepto de dividendos da compañía, no primeiro exercicio coa súa filla Marta Ortega como presidenta da firma.
Os beneficios superan en algo máis de 400 millóns os do exercicio anterior. A última adquisición de Inditex en Escocia, un edificio de oficinas en Glasgow, polo que pagou 237 millóns, supón case un terzo da retribución que o fundador de Inditex recibirá esta semana.