Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amnistía, o prezo a pagar para chegar á Moncloa

Amnistía, o prezo a pagar para chegar á Moncloa

Sánchez dá por feito que haberá goberno progresista por que buscará "os votos debaixo das pedras"

Feijóo pecha a rolda de contactos sen novos apoios e o PP convoca un acto esta fin de semana contra a amnistía

Yolanda Díaz foi a encargada de romper o xeo con Puigdemont
G24.gal 18/09/2023 10:06

Arrancou un novo curso político cargado de incerteza e tamén de tensión. Feijóo pecha a rolda de contactos e non consigue sumar novos apoios, polo que, salvo sorpresa maiúscula, non conseguirá saír investido presidente no pleno da próxima semana.

O líder do PP admite que será unha investidura frustrada e xa se prepara para facer oposición. De feito, para esta fin de semana, convocaron un acto en Madrid contra a amnistía e para dicir "basta xa" ás intencións de Pedro Sánchez, tal e como pide o ex presidente Aznar. 

Pedro Sánchez dá por feito que haberá goberno progresista e agarda que o Rei lle faga o encargo. O líder socialista defende que en Cataluña hai que "pasar páxina e entrar nunha nova etapa política". E con esa premisa vai sentar a negociar con Carles Puigdemont. Os seus votos son claves para manterse na Moncloa.

Puigdemont é claro. O primeiro paso é unha lei de amnistía, que debería estar listas antes da votación. Un tramitación urxente que se admite complexa pero que, en todo caso, non é imposible.

Pero as esixencias de Junts van máis aló. Queren dar un paso máis, Un referendo onde os cataláns poidan decidir. E este si é un tema máis complexo para os socialistas.

En Ferraz advirten que non se moverán do marco constitucional e así llelo trasladan aos independentistas. As críticas non tardaron en aparecer.

Vellos dirixentes socialistas están a levantar a voz contra o actual líder pola súa disposición a aprobar esa lei de amnistía. Pero a dirección do PSOE, lémbralle que "este é o momento de Pedro Sánchez". Felipe González "xa tivo o seu", lembran. 

Sexa como sexa, as negociacións prevense complexas e non se descarta nada, mesmo unha repetición electoral no mes de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade