Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Pontón esíxelle a Rueda que dea explicacións sobre o contrato da obra do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Ana Pontón esíxelle a Rueda que dea explicacións sobre o contrato da obra do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A voceira nacional do BNG anunciou que solicitará a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento para que o presidente da Xunta compareza

G24.gal 04/08/2024 14:29

A voceira nacional do BNG. Ana Pontón esíxelle a Alfonso Rueda que dea explicacións do sobrecusto de 470 millóns de euros na construción do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que cualificou de "estafa" e "xestión neglixente".

"Imos solicitar de inmediato a convocatoria da Deputación Permanente con dous obxectivos moi claros: o primeiro que o presidente da Xunta compareza para dar explicacións ante ese auténtico escándalo e esa neglixente xestión do público que leva a que teñamos que pagar un sobrecusto de 470 millóns de euros pola construción do hospital público de Vigo e en segundo lugar para que nos expliquen que pasos van dar para acabar con esta estafa que lle produciron a este país", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade