Publicador de contidos
Publicador de contidos

Analizamos a delicada situación do Lugo co ex-xogador Fernando Seoane

Analizamos a delicada situación do Lugo co ex-xogador Fernando Seoane

O equipo albivermello recibe mañá o Rácing no Anxo Carro (18:30 h)

G24.gal 18/03/2023 14:21

Despois de moitos meses de silencio, Fernando Seoane, o xogador con máis partidos na historia do Lugo na Segunda división, reaparece para falar da situación do equipo. "A verdade é que está nunha situación límite, crítica".

O santiagués analiza as causas que, segundo el, levaron o Lugo os postos de descenso. "Se non acertas nas catro ou cinco fichaxes que fas cada ano, vas un pouco a remolque, o límite salarial tamén baixou moito. Veu xente nova, xente que o mellor non coñece a categoría, que non ten experiencia nesta categoría que é moi competida e moi dura e outras cousas non se fan ben e o presidente xa o coñecemos todos que quieto non vai estar".

Seoane, especialista neste tipo de situacións en temporadas pasadas, apela a experiencia para trasladarlle ao equipo o seu manual de instrucións para tempos de crise. "No fútbol vale todo. Eu sempre digo, cando chegas a unha situación límite deste estilo, o primeiro é mirar un o embigo, ver o que está facendo e se non chega  co que estás facendo dar algo máis, máis concentrado, adestrarse mellor, coidarse máis, durmir máis, ao final ter un pouco de cabeza fría dentro do campo que a presión non poda con un, que o atenace ou que o faga de menos".

Para Seoane, ante o Rácing, o Lugo chégalle a hora da reacción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade