Publicador de contidos
Publicador de contidos

Analizamos o momento do NBA 2K competitivo con Edu Pascual

Analizamos o momento do NBA 2K competitivo con Edu Pascual

O sevillano é psicólogo deportivo e xogador profesional do videoxogo de baloncesto máis famoso

G24.gal 04/02/2023 16:10

Como é representar á selección do teu país nun videoxogo, se hai opcións de vivir xogando profesionalmente ao NBA 2K, visitar a pista dos Brooklyn Nets para participar nun draft ou unha posible aposta da ACB por patrocinar a competición como fai a liga de fútbol profesional. De todos estes temas falamos co sevillano Eduardo Pascual, psicólogo deportivo e xogador profesional do NBA2K (o videoxogo por excelencia do baloncesto), para o equipo ZEST.

Na sección de deportes electrónicos o videoxogo do que máis se falou foi do FIFA. Edu Pascual explica que en canto ao competitivo aínda hai moitas diferenzas entre os dous xogos electrónicos. A NBA americana posúe os dereitos dos xogadores e, polo de agora, só os seus equipos apostan por crear seccións de e-sports. En España aínda queda moito camiño para que os xogadores profesionais deste videoxogo teñan opcións de dedicarse íntegramente ao que máis lles gusta. 

Tamén houbo tempo para tratar o tema psicolóxico nos deportistas, algo que xa hai tempo que deixou de ser tabú para tratarse cada vez coa relevancia que merece.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar