Analizamos o novo Celta de E-Sports con Pablo Zamorano
Analizamos o novo Celta de E-Sports con Pablo Zamorano
O vigués regresou este ano para ser o novo adestrador do club vigués da man de Lúa Gaming
As etapas rematan. Logo de tres tempadas e dous subcampionatos consecutivos, JRA e Falcons remataron a súa vinculación co Celta de E-Sports. E o positivo para a industria do gaming galego é que decidiron apostar polo club Lúa Gaming, polo que os representantes serán o lucense Luisi como xogador principal, a creadora de contido Carla Gabián e o vigués Pablo Zamorano como adestrador profesional.
Precisamente hoxe falamos con el dos obxectivos do club nesta nova etapa, do novo EA FC 24 nestes primeiros meses, de Ultimate Team e outras modalidades como Clubes Pro e das diferenzas principais que atopa entre este Celta de xogos electrónicos e aquel en que xa estivera hai catro anos.