O comité de apelación da RFEF mantén a sanción a Ilaix Moriba
O comité de apelación da RFEF mantén a sanción a Ilaix Moriba
A baixa de Ilaix Moriba, expulsado no partido ante As Palmas, únese á xa coñecida de Iago Aspas, que tamén deberá cumprir un partido de sanción ante o Real Madrid.
O comité de apelación da Federación Española de Fútbol (RFEF) desestimou o recurso do R. C. Celta por Ilaix Moriba, polo que o centrocampista guineano non poderá xogar mañá ante o Real Madrid.
Na súa resolución, o citado comité considera, como xa fixera tamén o comité de competición, que "sendo as imaxes compatibles co reflectido na acta, e ante a inexistencia de probas que o desvirtúen, non pode apreciarse o erro material manifesto alegado polo club apelante".
Ademais, tamén apunta que as "meras dúbidas" tampouco son "suficientes" como para demostrar ese erro material manifesto "capaz de desvirtuar a presunción de veracidade da acta arbitral".
A baixa de Ilaix Moriba, expulsado no partido ante As Palmas, únese á xa coñecida de Iago Aspas, que tamén deberá cumprir un partido de sanción ante o Real Madrid.