Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis de la Fuente ábrelles as portas da selección a Mingueza e Iago Aspas

Luis de la Fuente ábrelles as portas da selección a Mingueza e Iago Aspas

G24.gal 28/09/2024 12:55

Esta mañá estivo en Pontevedra, nun acto organizado pola Federación Galega, Luis de la Fuente. O seleccionador abordou moitos temas de actualidade. Por exemplo, falou dos problemas de calendario. Afirmou que, cando toque sentar a negociar, é importante priorizar a saúde dos futbolistas. Neste senso, mandoulle unha aperta ao internacional Rodri, que se acaba de lesionar de gravidade, e desexoulle unha rápida recuperación.

Luis de la Fuente declarouse un amante do fútbol base e destacou o traballo de Claudio Giráldez, que está a apostar claramente por ese perfil de futbolistas no Celta.

En clave céltica, o seleccionador abriulles as portas da selección a Mingueza e Iago Aspas, aos que di admirar profundamente, e dos que destacou que son boas persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos