Publicador de contidos
Publicador de contidos

O himno do centenario do Celta, canditado a mellor videoclip nos Latin Grammy

O himno do centenario do Celta, canditado a mellor videoclip nos Latin Grammy

O artista coruñés Íñigo Quintero opta ao premio de mellor artista novo

A illa de San Simón, no videoclip de 'Oliveira dos Cen Anos' A illa de San Simón, no videoclip de 'Oliveira dos Cen Anos'
G24.gal 18/09/2024 16:34

Os Latin Grammy terán este ano representación galega por partida dobre: o himno do centenario do Real Club Celta de Vigo composto por C. Tangana, candidato a mellor videoclip, e o artista coruñés Iñigo Quintero, candidato a mellor artista novo.

 

Así, o vídeo do himno 'Oliveira dous cen anos' composto por C. Tangana con motivo do centenario do club vigués figura entre os finalistas da categoría Mellor Vídeo Musical Versión Curta xunto a artistas como Marc Anthony, Bad Bunny, Leonel García e Nuno Gomes, Mau e Ricky e Residente con Silvia Pérez Cruz.

Ademais, o coruñés Iñigo Quintero foi proposto xunto a Agris, Kevin Aguilar, Darumas, Nicolle Horbath, Latin Mafia, Cacá Magalhães, Os Garotin, Sofi Saar e Ela Taubert ao premio de mellor artista novo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar