Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángeles Vázquez sobre a Lei do litoral: "Queremos ordenar 1,6 millóns de hectáreas"

Ángeles Vázquez sobre a Lei do litoral: "Queremos ordenar 1,6 millóns de hectáreas"

"A primeira lei a nivel do Estado, e sería galega, para xestionar, ordenar e regular a costa"

G24.gal 26/06/2023 14:09

No mes de xullo, antes das eleccións do 23X, é o horizonte manifestado polo Partido Popular no Parlamento galego para ter aprobada a Lei de xestión do litoral e que está en trámite parlamentario. Unha norma que se contaba aprobar por consenso, pero que está atopando atrancos nestas últimas semanas. Así o dixo no programa Bos días, Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

"Trátase dunha lei imprescindible para Galicia, despois do multiples atrancos do Goberno central, sempre con informes desfavorables, que no tiñan xustifiación ningunha, máis que buscar unha nova ubicación e así o fixemos e o trasladamos ao grupos no Parlamento. A primeira lei a nivel do Estado, e sería galega, para xestionar, ordenar e regular a costa", cando se trata dunha lei coma esta non pode haber ideoloxía", afirmou Vázquez.

A conselleira asegurou que agora mesmo nos concellos hai problemas. Dende a Xunta queren ordenar 1,6 millóns de hectáreas das que unhas 500.000 son terrestres, o resto abranguen ata 12 millas mar adentro. Vázquez dixo que hai vivendas as que non se lles pemite nin cambia as tubaxes dos servizos básicos.

O BNG acaba de presentar 85 emendas parciais e que cualificou de reforma rápida. Dende a Xunta din que é unha lei na que levan traballando máis dun ano, a na que participaron moitos actores de todos os ámbitos da sociedade galega. 

"Aceptamos preto do 40 % das alegacións, e agardamos que o seu voto sexa favorable porque non é unha lei do PP, e unha lei de Galicia e para Galicia".

Dende a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda di que a Carta do litoral europeo, "ademais dun espazo físico ten máis funcións, unha é a social, pero tamén a económica". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade