António Costa ratifica a prioridade do AVE con Vigo antes que con Madrid
António Costa ratifica a prioridade do AVE con Vigo antes que con Madrid
O dirixente dixo nunha xuntanza con empresarios que "España é moi bonita, non é só Madrid".
Os portugueses queren ter finalizada a alta velocidade de Vigo ao Porto para 2030
Portugal continúa insistindo no seu apoio incondicional á alta velocidade entre Vigo e O Porto. Desta volta volvemos oír falar deste compromiso da boca do propio primeiro ministro que deixou claro que a prioridade é ter AVE con Galicia antes que con outro territorio español.
Nunca escoitáramos ao primeiro ministro, António Costa, ser tan contundente. Adoitan preguntarlle pola alta velocidade que conecte nun futuro Madrid e Lisboa e desta volta contestou firmemente, nunha xuntanza con empresarios galegos e Portugueses, ao dicir que a aposta de Portugal está co eixo atlántico primeiro e que "España é moi bonita, non é só Madrid".
Os nosos veciños queren conectar para 2030 Vigo co Porto cun traxecto dunha hora pero para iso tamén lle esixen a Madrid que avance as obras da saída sur de Vigo.