Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ante a chegada da calor, milleiros de galegos buscan refrescarse nas piscinas

Ante a chegada da calor, milleiros de galegos buscan refrescarse nas piscinas

Buscar a sombra, hidratarse e estar nunha piscina son bos consellos que seguir coa calor

Félix Aragunde 22/07/2024 20:33 Última actualización 22/07/2024 20:43

Dá igual particulares que de uso colectivo, públicas que privadas, grandes que pequenas... O caso é que estean cheas de auga fresca. Chega ao interior do país a calor propia da canícula do verán, e á falta de mar, boas son as piscinas.

A de Lugo é unha das cidades onde máis se recorre ás piscinas para refrescarse. Tanto nas que son de titularidade pública coma nas do Club Fluvial, son milleiros as persoas que acoden aos estanques ante os rigores do estío. 

Moncho Busto, directivo do Club Fluvial de Lugo: "Está facendo sol. Temos unha boa tarde de verán. As perspectivas para a semana son moi boas, co cal contamos con que a afluencia vai ser máxima".

O mesmo ocorre en vilas coma o do Corgo, onde a área recreativa de Chamoso se ateiga de veciños e visitantes ávidos da frescura da auga das súas piscinas.

Xoel López, socorrista da piscina municipal do Corgo: "Espero que siga así, para que a xente poida seguir gozando destas instalacións".

Ademais de buscar a sombra e beber abundante auga, refrescarse nunha piscina é un dos mellores consellos que se poden dar, e seguir, cando a calor se intensifica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos