Noitevella sen paraugas e Aninovo con ceo azul e aberto
Noitevella sen paraugas e Aninovo con ceo azul e aberto
O ceo estará aberto e azul de día e, iso si, algo de xeada ou de néboa así que vaia avanzado a noite de San Silvestre
2024 despídese con sol, e con sol entra tamén o 2025. Ata o día 2 de xaneiro está garantido o tempo seco. O ceo estará aberto e azul de día e, iso si, algo de xeada ou de néboa así que vaia avanzado a noite de San Silvestre. Para a Noitevella, desta vez non necesitamos paraugas.
"Tanto na Noitevella como en Aninovo vén un tempo seco con moita estabilidade. A formación de néboas e o frío nas madrugadas, tanto do día 31 como do 1, é inevitable. O O día 1 vai haber algunha xeada no interior, pero en xeral vai ser un día absolutamente tranquilo", explicou Xoán Taboada, de Meteogalicia.
A temperatura non vai ser especialmente fría para estas alturas do ano, así que moitos xa teñen previsto facer parte da festa na rúa.