Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baltar rexistra a temperatura máis baixa en Galicia, con -7,3 graos

Baltar rexistra a temperatura máis baixa en Galicia, con -7,3 graos

En Ourense rexistráronse -1,7 graos e a néboa incrementa a sensación de friaxe

G24.gal 30/12/2024 14:12

Comeza a última semana deste ano 2024 con baixas temperaturas de madrugada no país, especialmente na provincia de Ourense.

Abrente do día en Ourense. O bafo a contraluz dá conta da friaxe. 1,7 graos negativos marcan os termómetros. Os cristais dos coches e os tellados xeados, as follas dos parques, brancas.

A mesta néboa que cobre a cidade de Ourense aumenta a sensación de frío. Hoxe o sol abriu antes entre a néboa, pero aínda así non quece, fai falta moita roupa de abrigo.

Hai quen, de tanto frío, apenas deixa só os ollos á intemperie. E é que a mañá foi. Ás nove en Baltar baixaron ata os menos sete coma tres graos, en Calvos de Randín, 6,7 negativos. Xeadas que co sol da montaña limiá logo desapareceron.

Unha friaxe que deixa postais invernais para despedir o 2024 ben fermosas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos