Anticorrupción pide 15 anos de cárcere para Fernández Díaz e 19 para Villarejo pola operación Kitchen
Anticorrupción pide 15 anos de cárcere para Fernández Díaz e 19 para Villarejo pola operación Kitchen
Anticorrupción pide 15 anos de cárcere para Fernández Díaz e 19 para Villarejo pola operación Kitchen
Tamén piden inhabilitación de 33 anos para o exministro polos delitos de encubrimento, malversación e delitos contra a intimidade
A Fiscalía Anticorrupción pide condenar o exministro do Interior Jorge Fernández Díaz a 15 anos de cárcere, mentres que para o comisario xubilado José Manuel Villarejo solicita 19 anos de cadea pola operación Kitchen.
Falamos do presunto operativo parapolicial que tiña como obxectivo espiar o extesoureiro do PP Luis Bárcenas e roubarlle a información sensible do partido.
No seu escrito de acusación, os fiscais César de Rivas e Miguel Serrano tamén piden unha inhabilitación de 33 anos para o exministro polos delitos de encubrimento, malversación e delitos contra a intimidade
O Ministerio Público solicita ademais 15 anos de cárcere para o exsecretario de Estado de Seguridade Francisco Martínez e para o exdirector adxunto operativo da Policía Nacional Eugenio Pino.
Lembramos que a investigación xudicial situou a Fernández Díaz como presunto cerebro da Kitchen, procesándoo xunto a Martínez e Villarejo. Completan a lista de procesados o exdirector adxunto operativo (DAO) da Policía Nacional, Eugenio Pino; os exmandos policiais Enrique García Castaño, Marcelino Martín Blas, Andrés Gómez Gordo, José Luis Olivera, José Ángel Fuentes Gago e Bonifacio Díez Sevillano e, por último, o exchofer dos Bárcenas Sergio Ríos.