Antonio Couceiro di que o Concello quere cobrarlle ao Deportivo polo uso de Riazor
O club denuncia un trato "profundamente inxusto e discriminatorio"
A alcaldesa da Coruña lamenta as declaracións "falsas" do presidente
O presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, desvelou esta mañá que o Concello da Coruña "quere cobrarlle" ao club "polo uso do estadio", unha vez que, a partir de 2025, finalice a actual concesión municipal que posúe a entidade branquiazul.:
"Tras moitos meses de infrutuosas reunións de carácter técnico, o pasado 13 de febreiro a alcaldesa transmitiume en comunicación non formal que o Concello quere cobrar ao Deportivo polo uso do estadio, algo que nunca ocorrera ata a data na Coruña. É un feito moi relevante, posto que a maioría dos principais clubs de Galicia e a maioría dos equipos de España que utilizan un estadio municipal non pagan polo seu uso, xa que a súa actividade enténdese de interese social para os cidadáns, e indo mesmo máis aló, moitos deles perciben ingresos municipais como apoio económico en forma de publicidade para a cidade, algo que no noso caso non é así porque o Concello non patrocina actualmente ao R. C. Deportivo", lamentou o dirixente deportivista.
"Como presidente do R. C. Deportivo, quero trasladar a miña preocupación, que de confirmarse supoñería nestes momentos aumentar as perdas que cada ano ten o Deportivo por estar fóra do fútbol profesional e nos anos economicamente complicados que se prevén cando se cumpra o retorno á elite", engadiu.
Para Couceiro, "que a concesión do estadio fose unha lousa para o Dépor constituiría unha inxustiza histórica e unha discriminación inadmisible respecto a os equipos contra os que temos que competir".
"O meu desexo é reunirme persoalmente coa alcaldesa canto antes para expresarlle a miña preocupación e darlle argumentos para que a nova concesión prodúzase nas mesmas condicións de #gozar do estadio que a outorgada no ano 2000"
Desde o Concello negan as acusacións de Couceiro:
Inés Rey: "O Deportivo non paga e non pagará polo uso do Estadio Municipal de Riazor” A alcaldesa da Coruña lamenta as declaracións falsas do presidente do club, Antonio Couceiro, e lembra: “Como máxima representante deste Concello din a cara polo Dépor cando fixo falta”
Inés Rey: “O @RCDeportivo non paga e non pagará polo uso do Estadio Municipal de Riazor”
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) March 3, 2023
A alcaldesa da Coruña lamenta as declaracións falsas do presidente do club, Antonio Couceiro, e lembra: “Como máxima representante deste Concello din a cara polo Dépor cando fixo falta” pic.twitter.com/Wu1IcpJ9o0