Cargando resultados...
Antonio Tizón retrata as enfermidades mentais en 'Non hai espellos nos manicomios'
Antonio Tizón retrata as enfermidades mentais en 'Non hai espellos nos manicomios'
Lembra o impacto que lle supuxo o seu propio diagnóstico de trastorno bipolar
G24.gal
13/12/2021 21:45
Coa súa imaxe reflectida nun espello inicia o poeta e novelista Antonio Tizón o retrato da súa propia vida. Tiña 21 anos e estudaba Xornalismo en Madrid cando sufriu o primeiro gromo psicótico.
Diagnosticado de trastorno bipolar, lembra o impacto que lle supuxo. Unha vida que relata en 'Non hai espellos nos manicomios', con testemuños de quen o acompañou no seu proceso de superación.
O documental forma parte dun proxecto artístico multimedia que nace da poesía do propio Tizón. Procura con esta obra seguir avanzando na normalización, borrando e desterrando calquera prexuízo sobre os problemas mentais.