Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antoñito: "O liderado agora é anecdótico porque o importante é que estamos aí"

Antoñito: "O liderado agora é anecdótico porque o importante é que estamos aí"

O próximo rival do Deportivo é a Balona

Foto @RCDeportivo
G24.gal 01/03/2023 16:56 Última actualización 01/03/2023 17:03

Antoñito está a ser un dos xogadores máis regulares do Deportivo na súa segunda tempada, pero a súa presenza no once está ás veces cuestionada porque ao mesmo tempo péchalle a porta a Trilli. O andaluz escapa de polémicas:

"A Trilli véxoo ben. Ten moito potencial, novo e marxe de mellora como todos. Hai que ter tranquilidade e xogar partidos, que é o que fai crecer a un futbolista. Oxalá xogue ata final de tempada e ascendamos. Eu o que quero é o mellor para o club e o equipo.

O lateral non lle dá moita importancia ao liderado e si a manterse preto dese primeiro chanzo:

"É algo anecdótico agora mesmo. O importante é estar na cabeza, a poucos puntos. Ao final é sumar de tres en tres. Ese é o obxectivo cada semana e así pronto estaremos no máis alto. Sempre tiven tranquilidade con respecto á distancia"

Antoñito céntrase agora en manter a boa dinámica fose de casa no duelo coa Balona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade