Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ao Lugo non lle conceden un penalti e empata en Fuenlabrada (0-0)

Ao Lugo non lle conceden un penalti e empata en Fuenlabrada (0-0)

Nacho Quintana foi derrubado na área, pero o colexiado non asubiou a pena máxima

G24.gal 10/09/2023 14:03

O Lugo empatou no campo do Fuenlabrada (0-0) nun partido marcado polas decisións arbitrais. No segundo tempo houbo un claro penalti sobre Nacho Quintana e o colexiado expulsou a Willy Ledesma. 

Nun primeiro tempo con poucas ocasións, foi o Fuenlabrada o que se achegou con máis perigo, con ocasións de Vigaray e Diego Gómez. Mudou a dinámica da segunda parte malia un primeiro lanzamento local que salvou Tabuaço. 

O penalti sobre Nacho Quintana coincidiu cos mellores minutos do cadro lucense. Avisou Ojeda cun remate desde a frontal pero, no medio do dominio dos de Munitis, chegou a expulsión. Aínda así Antonetti gozou dunha boa ocasión para decidir o encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar