Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo comeza con mal pé o ano II en 1RFEF (2-0)

O Lugo comeza con mal pé o ano II en 1RFEF (2-0)

Manu Justo e Barri anotaron os goles nun partido en que o Lugo non estaba cómodo

G24.gal 24/08/2024 22:04

Primeiro partido da tempada do Lugo nun campo difícil como é o da Cultural Leonesa. O equipo lucense con moitos nomes novos buscaba dar un golpe na mesa e postularse como un dos candidatos ao ascenso, pero a historia foi moi diferente.

Xa no primeiro minuto a Cultu tivo unha ocasión moi clara que foi neutralizada grazas a unha gran parada de Lavín. Tras un par de achegamentos sen moito perigo chegou o gol da Cultu, nos pés de Manu Justo. Transición rápida, man a man co porteiro e gol do vigués para poñer o 1-0 no marcador.

O Lugo non se atopaba cómodo no partido, e iso o aproveitou o equipo leonés para chegar con moito perigo á portería do Lugo. Malia todo o Lugo defendíase con todo o que tiña, pero nun erro na saída do balón Diego Barri recortou na frontal da área e anotou o 2-0, xerra de agua fría cerca do descanso. 

Na segunda metade viuse un partido moi semellante ao da primeira, malia iso o Lugo contou cunha grande ocasión, un man a man de Antonetti que foi atallado polo meta da Cultu. O encontro ensuciouse un pouco a partir dunha serie de encontróns e entradas a destempo. 2-0 para a Cultural Leonesa e mala imaxe do Lugo de Lolo Escobar no primeiro partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade