Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa hai rivais para os equipos galegos de Primeira Federación

Xa hai rivais para os equipos galegos de Primeira Federación

A competición arrinca o 25 de agosto e rematará o 25 de maio

A tempada agarda 6 'derbis' diferentes, dous deles na xornada 9

O calendario da primeira xornada na Primeira Federación Grupo 1 O calendario da primeira xornada na Primeira Federación Grupo 1
G24.gal 23/07/2024 14:12

A Primeira Federación arrinca en tan só un mes. Os representantes galegos na competición, todos encadrados no grupo 1 da mesma, coñecen desde hoxe os seus rivais así como as datas nas que se enfrontan entre eles.

O Celta Fortuna abre a tempada en Vigo e recibirá un equipo recentemente ascendido: o Baracaldo CF. O resto de equipos galegos veranse obrigados a desprazarse na xornada inicial. O CD Lugo non vai moi lonxe, ao Reino de León, onde se verá coa Cultural e Deportiva Leonesa. Tarragona será o escenario onde debutará o Ourense CF nesta competición, ante o Nàstic. Un partido que non se presupón doado para os de Rubén Domínguez. O 'polbo mecánico' comezará en terras aragonesas. A SD Tarazona será o rival do CD Arenteiro.

O fútbol galego poderá desfrutar de 6 enfrontamentos diferentes entre estes equipos na primeira volta. O primeiro 'derbi' terá lugar na terceira cita, enfrontando o Celta Fortuna e o Arenteiro en Vigo. Na xornada 9 toca dobre festa: Ourense e Arenteiro, un fronte a outro no Couto; e o Anxo Carro acollerá o duelo entre albivermellos e celestes. O resto de enfrontamentos terán lugar na data número 12 (Celta Fortuna e Ourense CF), 13 (CD Lugo e CD Arenteiro) e na última data (Ourense CF e CD Lugo).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos