Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo derrota ao Cádiz cun gol de Soriano e mira cara a arriba

O Deportivo derrota ao Cádiz cun gol de Soriano e mira cara a arriba

Coa vitoria, os de Gilsanz quedan a 6 puntos da promocións e a 9 do descenso

G24.gal 06/04/2025 22:56

O Deportivo derrotou ao Cádiz en RIazor, encadeou dúas vitoras consecutivas e sete partidos sen perder, que lle vale para colocarse máis preto da promoción de ascenso, 6 puntos, ca do descenso, que ten a 9.

A primeira metade comezou con minutos de tenteo, coas defensas impoñéndose. Boa mostra foron as primeiras ocasións, que tiveron que salvar baixo paus Pablo Martínez e Chust. Tamén houbo outro bo disparo de Diakité e outro lanzamento de Soriano, que parou David Gil. Pero, malia ás ocasións, o empate a cero non se moveu, e así se chegou ao descanso.

Á volta da pausa, Chris Ramos deu o primeiro aviso para o Cádiz, cun remate raso desde dentro da área que salvou Helton Leite. O Cádiz intentaba saír á contra, mentres o Deportivo pisaba área con perigo. Un centro de Mella rematouno desviado Eddahchouri.

No minuto 68, o equipo andaluz tivo unha ocasión clara nas botas de Melendo, que recolleu un rexeitamento da defensa e rematou preto da escuadra. E, un minuto despois, Soriano era o que remataba moi cruzado. Cos cambios de Gilsanz, o cadro coruñés intensificou o seu ataque; gozou Mfulu dunha boa acción que foi anulada por fóra de xogo. E David Gil tivo que despexar un centro perigoso de Petxarroman que acabou en córner. Á saída dende o curruncho os coruñeses tamén estiveron preto do gol.

O tanto ía chegar no minuto 82, logo doutra acción interminable, con rexeitamentos por parte de David Gil e dos defensas que acabou cazando Soriano para abrir o marcador.

Non levantou o pé o Deportivo, con Mella como principal argumento pola dereita. Pero o Cádiz tamén tivo unha acción moi clara para empatar, co balón paseando pola área pequena deportivista, antes dun remate de Álex que detivo Helton.

Cunha última ocasión deportivista que desbaratou David Gil rematou o partido. O Deportivo, por fin, pode mirar cara a arriba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade