Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense esquécese do descenso e comeza a soñar coa promoción

O Ourense esquécese do descenso e comeza a soñar coa promoción

Os de Pablo López sumaron a cuarta vitoria seguida, contra o Zamora, grazas a un gol de Carbonell

G24.gal 06/04/2025 19:52

Continúa o Ourense Club de Fútbol coa súa incrible escalada. Desde o pozo da clasificación, a soñar co play off de ascenso. Co triunfo contra o Zamora chegou á máxica cifra dos 45 puntos, os que case aseguran a permanencia na categoría. A partir de agora ao cadro ourensán tócalle soñar con meirandes metas, algo impensable hai uns meses. 

Non foi un partido de moitas ocasións o xogado contra o Zamora. A máis clara no primeiro tempo foi para os visitantes, cunha tripla parada por parte de Marqueta. Aos dous minutos do segundo tempo chegou o único gol do partido. Un pase en longo do propio porteiro local, que aproveitou Javi Carbonell. Cando o Ourense se pon por diante convértese nun equipo infranqueable. O Zamora buscouno pero non conseguiu marcar e o equipo galego mantivo a súa porta a cero en cinco dos últimos seis partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade