Tino Saqués asume a "responsabilidade" dos malos resultados na última temporada
Tino Saqués asume a "responsabilidade" dos malos resultados na última temporada
Tamén recoñece a existencia de investidores interesados en mercar parte do club
O presidente do Lugo, Tino Saqués, compareceu ante os medios para facer balance da pasada temporada.
"Non pode ser positivo. 'Mea culpa', como máximo responsable asumo que non fun quen de conseguir os compoñentes para que o conxunto funcionase".
Tamén recoñece a existencia de investidores interesados en mercar parte do club.
"Non contemplo unha venda total. De feito, a maioría dos grupos investidores queren que eu siga no proxecto".
Tamén falou do Anxo Carro e dos novos abonos.
"A finais de 2025 teremos un estadio remodelado, o que Lugo merece".
"Imos facer unha campaña de abonados na que vai primar bonificar moito ao abonado novo. Os prezos van ser significativamente máis baixos que a anterior".