Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apelación non atende as alegacións do Racing pola vermella de Álex López

Apelación non atende as alegacións do Racing pola vermella de Álex López

O capitán non poderá xogar o partido desta semana contra o Burgos

G24.gal 22/10/2024 22:34

O Racing non poderá contar con Álex López no partido que vai xogar este xoves contra o Burgos. O club presentou alegacións perante o Comité de Apelación por considerar inxusto o vermello que viu no partido contra o Huesca, pero os seus razoamentos non foron tidos en conta. 

"Do atento visionado da proba videográfica achegada polo club constátase que, aínda cando inicialmente contacta co coiro, a impetuosa acción do xogador acaba provocando o violento derrubamento do rival, que tamén trataba de disputar o balón", argumenta o Comité de Apelación para manter o cartón vermello que lle amosou o colexiado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos