Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragonès convocará unha mesa de partidos para tratar a súa proposta de referendo pactado

Aragonès convocará unha mesa de partidos para tratar a súa proposta de referendo pactado

Segundo as conclusións do informe que lle entregou o Consello Académico para o Acordo de Claridade, a consulta sobre a independencia "é posible, é viable, é legal e é, e pode ser, a solución compartida ao conflito político co Estado"

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, no Parlament (EFE/Quique García)
G24.gal 16/10/2023 14:02 Última actualización 16/10/2023 15:21

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, anunciou este luns que convocará unha mesa de partidos cataláns, unha vez acaben as negociacións sobre a investidura de Pedro Sánchez, para abordar as diferentes vías para un referendo pactado sobre a independencia.

Así o anunciou nunha comparecencia ante os medios na Galería Gótica do Palau da Generalitat, tras compartir co Govern as conclusións do informe que lle entregou o Consello Académico para o Acordo de Claridade, un grupo de expertos ao que encargou estudar as posibles vías para organizar un referendo.

"O informe deixa moi claro que un referendo en Cataluña sobre a independencia de Cataluña é posible, é viable, é legal e é, e pode ser, a solución compartida ao conflito político co Estado", afirmou o president.

Ademais, Aragonès encargará un informe ao Instituto de Estudos do Autogoberno, vinculado á Generalitat, para que aclare cal debe ser o "instrumento xurídico concreto" para levar a cabo as propostas do informe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade