Aragonès e Colau "plantan" o rei na inauguración do Mobile World Congress
Aragonès e Colau "plantan" o rei na inauguración do Mobile World Congress
Os dous políticos cataláns si participaron despois na foto de familia
O rei inaugurou en Barcelona o Mobile World Congress, o maior evento de tecnoloxía móbil do mundo. Como xa sucedeu na cea de benvida, o presidente da Generalitat e a alcaldesa de Barcelona evitaron saudar a Filipe VI, que foi recibido por Pedro Sánchez e Nadia Calviño.
As autoridades participaron despois nunha reunión á que si se sumaron Aragonès e Colau, que tamén participaron na foto de familia. O rei percorreu varios expositores do congreso, onde se agardan 8.000 participantes e máis de 2.000 empresas.
No discurso inaugural, Filipe VI destacou a cara humana das novas tecnoloxías. "Permítennos manternos conectados e unidos coas persoas máis vulnerables en zonas afectadas por conflitos e desastres naturais. Onde hai un dispositivo móbil conectado hai esperanza, hai oportunidade, hai axuda".