Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragonès: "Se Sánchez quere ser presidente, ten que moverse"

Aragonès: "Se Sánchez quere ser presidente, ten que moverse"

O presidente da Generalitat insta o independentismo a aproveitar as negociación de investidura para avanzar cara a un referendo

Coalición Canaria ábrese a apoiar a investidura de Sánchez ou Feijóo para evitar as eleccións

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès (EFE/ Enric Fontcuberta)
G24.gal 01/08/2023 13:33 Última actualización 01/08/2023 16:24

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, fixo este martes un chamamento ao independentismo para aproveitar a negociación en Madrid para "avanzar" cara a un referendo, que podería encarrilarse coa súa proposta de "acordo de claridade", aínda que instou a Pedro Sánchez a "moverse" primeiro.

Así o afirmou na súa comparecencia ante os medios na reunión semanal do Govern, en que fixo balance do curso político antes da pausa estival.

A mensaxe de Aragonès foi nunha dobre dirección: a JxCat -sen mencionar explicitamente os seus exsocios- convidouno a aproveitar a oportunidade que se lle presenta ao independentismo para "avanzar" cara a un referendo que permita a Cataluña decidir o seu futuro, e ao PSOE esixiulle "a máxima valentía". "Pedro Sánchez deberá moverse e atender a axenda catalá", remarcou.

Aragonès apostou por facer valer os decisivos 14 votos de ERC e JxCat no Congreso, nunha negociación para a investidura que ao seu xuízo debe servir para "acabar co déficit fiscal, o déficit de infraestruturas e o déficit de servizos públicos" en Cataluña e, ademais, poñer fin á "represión" e "avanzar na resolución do conflito político entre Cataluña e o Estado". 

"Os que queiran seguir gobernando o Estado deberán cumprir con Cataluña", recalcou o presidente da Generalitat, para quen ese cumprimento debe pasar por "atender a resolución do conflito político sen medo ao que poidan dicir" PP e Vox.

Como instrumentos para avanzar, suxeriu dar continuidade á mesa de negociación entre a Generalitat e o Goberno -da que se desmarcou JxCat-, aínda que está aberto a "mellorar" esa ferramenta.

En calquera caso, segundo o presidente catalán, "o conflito resolverase votando, cun referendo", e como ferramenta para fixar as regras desta votación desempoou a súa proposta de "acordo de claridade", a fórmula canadense que permitiu dar cabida legal ao referendo de Quebec.

"Esta proposta que está sobre a mesa, está dispoñible, ofrecémola", insistiu, aínda que non a expuxo como condición sine qua non, porque "non é importante o instrumento, senón votar e que se acabe a represión".

Preguntado sobre unha hipotética repetición electoral por falta de acordo, trasladou toda a responsabilidade ao líder do PSOE: "Só o pode dicir Pedro Sánchez".

De momento, insistiu, "a quen lle corresponde dar os primeiros pasos é a quen quere ser investido" e debe "buscar os apoios suficientes".

A súa lectura dos resultados das eleccións xerais en Cataluña é que houbo un "voto inequívoco" para frear a PP e Vox, sobre todo "concentrando o voto" nos socialistas, un "voto dual" que minguou as aspiracións de ERC, que perdeu uns 400.000 votos en relación con 2019 e obtivo uns números que "non foron bos".

Aragonès non quixo detallar os contactos que puido manter nos últimos días co expresidente catalán Carles Puigdemont.

Hai contactos "habituais", dixo, "con moitísima xente coa que fai falta estar en contacto", pero as negociacións aínda están nun estadio "moi preliminar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade