Arde a palleira dunha explotacion de Boimorto con máis de 60 toneladas de herba seca no interior
Arde a palleira dunha explotacion de Boimorto con máis de 60 toneladas de herba seca no interior
A autocombustión da herba podería ser a causa do incendio
As perdas superan os vinte e cinco mil euros
O fume e a herba seca aínda en combustión dan boa mostra da magnitude do incendio que contra as catro da tarde se declaraba nunha palleira da explotación gandeira Casa Menor, situada no lugar do Marco de Abaixo, na parroquia de Sendelle, en Boimorto.
No seu interior almacenaban máis de 60 toneladas de herba seca que cando chegaron os bombeiros estaban envoltas en lapas.
A virulencia do incendio e a cantidade de material en combustión obrigou a solicitar apoio para a extinción. Tamén contaron co apoio dos veciños.
As perdas superan os 25.000 euros, xa que, ademais das preto de 70 toneladas de herba seca de gran calidade, a palleira quedou totalmente danada.
Sobre as causas do incendio, todo apunta a que foi unha autocombustión.
Malia a magnitude do suceso, ningún animal sufriu dano.