Cargando resultados...
Arenteiro e Ponferradina asinan o empate (0-0)
Arenteiro e Ponferradina asinan o empate (0-0)
Nun partido de poucas ocasións, o máis xusto foi o empate final
G24.gal
21/04/2024 20:20
O Arenteiro e a Ponferradina asinaron un empate (0-0) que fixo xustiza co que aconteceu sobre o céspede de Espiñedo. Os dous equipos disputaron un partido moi parello, no que estiveron moi fortes no aspecto defensivo e no que concederon moi pouco ao rival.
Nas botas de Ikbekeme chegaron as aproximacións máis perigosas dunha Ponferradina que quedou sen o seu adestrador Juanfran, expulsado por cartón vermello directo. Na segunda metade foi o Arenteiro o que tivo os mellores achegamentos pero Ger Nóvoa, Luís Chacón ou Markitos non acertaron coa porta de Andrés Prieto.