Ares domina no Grove e segue líder
Ares domina no Grove e segue líder
Os aresáns foron superiores e remataron de primeiros, con Tirán e segundo e Chapela de terceiro
Urme foi último e Cesantes arañou dous puntos
Ares segue intratable e non cede nin un segundo. A bandeira Virxe do Carme do Grove certificou o dominio dos aresáns, que só cederon un punto en todo o que vai de Liga Galega de Traiñeiras. Detrás deles chegaron Tirán e Pereira, que seguen na súa persecución.
Na parte baixa, Urme afundiuse e acadou só un punto que sabe a pouco sendo o noveno equipo da táboa. Os dous foron para o pechacancelas, Cesantes, que comeza a sumar de máis de un en un. Narón, que é oitavo, so conseguiu tres, nunha actuación que non agradou.
Este domingo, nova bandeira, a Princesa de Asturias, que se celebra en Castropol. Boa opción de aspirar a cotas máis altas para os locais, que van cuartos. Haberá súas loitas, unha na cabeza, e outra na parte baixa. Todas queren gañar e ningunha quere baixar.