Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hondarribia sorprende cun triunfo en Orio desde a segunda quenda

Hondarribia sorprende cun triunfo en Orio desde a segunda quenda

Cabo remata a fin de semana afastada duns postos de descenso nos que está metida de cheo Bueu

En categoría feminina Tirán e Cabo van ter moi difícil evitar as dúas últimas prazas

G24.gal 04/08/2024 14:56

Hondarribia aproveitou un cambio de vento na quenda de honra para gañar a Bandeira de Orio desde a segunda quenda. O equipo verde acadou a primeira vitoria da temporada no momento máis complicado, cando estaba máis lonxe das mellores e corría o risco de completar unha campaña sen triunfos. 

A fin de semana foi mala para Bueu, asentada na última posición e co descenso asumido. Cabo da Cruz non vai ter problemas para asegurar a permanencia. Pero mellorar o noveno posto, polo ollado nesta fin de semana, tamén vai ser moi complicado. 

Na categoría feminina os dous últimos postos parecen reservados para os dous equipos galegos. Tirán ocupa o de pechacancelas, o que implicaría o descenso directo. O penúltimo é para Cabo da Cruz. A falta de catro regatas perde cinco puntos con Hibaika, unha marxe moi ampla. Tocaríalle defender a praza na competición no play out diante de equipos como Zumaia ou Astillero que buscan o ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos