Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cabo remata a ACT no noveno posto e Bueu descende á Liga Galega

Cabo remata a ACT no noveno posto e Bueu descende á Liga Galega

Donostiarra gaña en Getaria e lanza un aviso a Urdaibai, campión da Liga, de cara á Bandeira da Concha

G24.gal 25/08/2024 14:07

Rematou a Liga ACT para Cabo e Bueu. Os buenenses descenden á Liga Galega no seu primeiro ano de experiencia na categoría. Cabo da Cruz remata no noveno posto e non competirá a última fin de semana de competición -só participan os oito primeiros-. 

A regata de Getaria deixounos a confirmación do título de Liga de Urdaibai pero non puido celebralo co récord de bandeiras. Donostiarra gañoulle por oito centésimas e evitou a alegría total do equipo de Bermeo. 

Todo isto aconteceu xusto antes da clasificatoria da Bandeira da Concha, a regata máis importante da temporada. O mércores será a regata masculina e o xoves a feminina. Na masculina haberá cinco equipos galegos buscando a presenza -Cabo, Bueu, Ares, Chapela e Tirán-. Na feminina teremos seis equipos entre os vinte inscritos -Cabo, Tirán, Chapela, Cesantes-Amegrove, Rianxo e Perillo-. O obxectivo de todos os galegos é ocupar un dos sete primeiros postos desa clasificatoria, algo que vai estar moi caro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos