Ares regresa á Liga ACT pola porta grande
Ares regresa á Liga ACT pola porta grande
Quedou de segundo no play off e remará por quinto ano na súa historia na máxima categoría do remo
A Chapela escapoulle a posibilidade de ascenso na categoría feminina
Ares remará a vindeira temporada na Liga ACT. Marcou o mellor tempo na xornada do sábado e na do domingo acabou no segundo posto. San Xoán e o equipo aresán estiveron moi por riba dos outros tres rivais e logrou culminar unha temporada para a historia despois de gañar a Liga Galega e o Campionato Galego de traiñeiras. Chapela, a outra representante do remo galego, acabou na última posición e xa quedara sen opcións na primeira xornada.
Chapela tamén buscaba o ascenso na cateogoría feminina pero acabou por detrás de Zumaia e Astillero que son as dúas traiñeiras que remarán na Euskotrén en 2025. Cabo tamén participaba pero estivo lonxe dos outros tres equipos.
Urdaibai esnaquiza todos os rexistros na Euskolabel
Urdaibai acabou a liga gañando a ACT e esnaquizando todos os rexistros de número de vitorias. Logrou 14 triunfos, algo que nunca lograra ninguén desde que se comezou coa competición alá polo 2003.