Publicador de contidos
Publicador de contidos

Complícase o futuro de Bueu na Liga ACT de traiñeiras

Complícase o futuro de Bueu na Liga ACT de traiñeiras

É debutante na categoría pero non pasou do último posto en ningunha das sete regatas disputadas

G24.gal 20/07/2024 21:27

A realidade de Bueu na Liga Euskolábel é que non conseguiu adaptarse á categoría logo do seu ascenso o verán pasado. Os resultados destas sete primeiras xornadas falan ás claras. Ocupou o último posto en todas as regatas. Ocupa posto de descenso e está lonxe mesmo da posición de play out; a salvación tena case imposible.

En Aguiño volveu quedar lonxe do resto de equipos da categoría e terá que dar un xiro radical para soñar coa permanencia. Esa que Cabo da Cruz continúa cimentando xornada tras xornada. Os de Boiro remataron no oitavo posto e na xornada do domingo sairán na segunda quenda. Promete fortes emocións compartíndoa con Getaria, Ondarroa e Lekeitio, equipos moi parellos ao do cadro de Boiro. 

A loita polo título ábrese logo da vitoria de Zieérbena na Bandeira Barbanza Arousa. Con seis galegos no equipo titular os da Ría de Bilbao impuxéronse a Donostiarra e recuperaron dous puntos con Urdaibai, equipo que dominou cinco das sete regatas disputadas ata o de agora. 

A que, de momento, ten pouca historia é a Liga Galega de Traiñeiras. Ares suma cinco de cinco e consolida o primeiro posto. Por riba, non ten un rival definido e esta tarde foi Castropol a que a seguiu (a 15 segundos). Chapela e Tirán estiveron por detrás dos asturianos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar