Publicador de contidos
Publicador de contidos

A traiñeira feminina de Cabo ten que recuperar tres puntos nas últimas seis probas

A traiñeira feminina de Cabo ten que recuperar tres puntos nas últimas seis probas

Gañoulle o duelo a Hibaika en Lekeitio e mantén opcións de permanencia sen ir ao play off

Bueu evitou a última posición en categoría masculina

Ares volveu a recuperar o ritmo de vitorias na Liga Galega

G24.gal 28/07/2024 14:20

O equipo feminino de Cabo da Cruz está a tres puntos da permanencia que dá o sexto posto con seis xornadas para o final da Liga Euskotren. En Lekeitio conseguiron remontar a Hibaika e recuperaron un punto na clasificación xeral. A situación está complicada pero non imposible, sobre todo porque quedan catro regatas de mar con onda onde as de Boiro están demostrando ser mellores. 

Na categoría masculina Cabo sae da fin de semana logo de asinar un sétimo e un décimo posto. Ocupa a novena posición na xeral da Liga, cos mesmos puntos que o oitavo (Lekeitio). Bueu gañoulle, por primeira vez na temporada, o duelo a San Pedro e evitou a última praza. Na loita polo título cada vez hai menos dúbidas para saber cal vai ser o campión logo doutra nova exhibición de Urdaibai. 

Ares recupérase do tropezo do sábado

Na Liga Galega Ares recuperou o camiño da vitoria logo do tropezo do sábado por mor dunha sanción. Impúxose a Chapela, que chegou a oito segundos, e a Tirán. A sorpresa da xornada deuna Mecos, cun cuarto posto, e Cesantes que foi sétima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos