Arraun Lagunak campioas, e primeira bandeira para Amenabar Donostiarra
Arraun Lagunak campioas, e primeira bandeira para Amenabar Donostiarra
Tirán descende e Cabo da Cruz terá que loitar para manter a categoría
Na Eusko Label Cabo da Cruz consegue un gran 6º posto
Na Liga Euskotren Donostia Arraun Lagunak proclámanse campioas do ano 2024. Este ano foron case imbatibles, facendo un récord de vitorias case perfecto, con 15 vitorias en 16 regatas, perdendo esta última regata por detrás de Tolosaldea Arraun Kluba que conseguiu a XVI Zarauzko Ikurriña.
Na Eusko Label Liga, Amenabar Donostiarra logra unha impresionante vitoria, a primeira bandeira do curso, a prestixiosa XLVII Zarauzko Ikurriña. Urdaibai terá que esperar para ser campión e para superar o récord histórico de vitorias nunha campaña. Por parte dos galegos Cabo da Cruz logrou un meritorio 6º posto, mentres que Bueu só puido ser 11º, por diante de San Pedro.