Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño accede á cuarta praza nun derbi decidido na última xogada (24-23)

O Porriño accede á cuarta praza nun derbi decidido na última xogada (24-23)

Un gol de Cristina Cifuentes fóra de tempo non subiu ao marcador, e evitou o empate do Guardés

As guardesas xa teñen asegurada a primeira praza da Liga regular; as porriñesas igualan no cuarto posto co Granollers

G24.gal 20/04/2025 12:56

O derbi do Porriño gañouno o equipo que máis o precisaba. En plena loita polo mellor posto posible de cara aos play off, as locais superaron ao Mecalia Guardés, xa campión desta fase regular. Aínda así, o encontro estivo máis apertado do previsto, logo do 14-8 polo que gañaban as de Isma Martínez preto do descanso. 

A renta mantívose nos seis goles ao intervalo, cun 16-10 que mantiveron as porriñesas no inicio da segunda metade (19-13, min 5). Pero o líder non se rendeu. As de Ana Seabra asinaron un 0-4 de parcial que deixaba un 19-17 moito máis axustado. E así chegouse aos minutos finais, cando Casasola e Zhukova establecían un 24-21 case definitivo. 

Pero as guardesas aínda puxeron unha marcha máis. Cris Cifuentes e María Sancha deixaron a vantaxe na mínima expresión. E Cifuentes anotou ese gol final, que se determinou fóra de tempo. A vitoria quedaba no Porriño.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade