Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boa colleita de Cabo da Cruz en San Sebastián

Boa colleita de Cabo da Cruz en San Sebastián

A traiñeira feminina foi quinta, e a masculina novena, co que se distancian dos postos de descenso

G24.gal 06/07/2024 20:46

Cabo da Cruz sacou unha boa colleita na terceira xornada da Liga ACT. Na categoría feminina sacou un quinto posto e na masculina foi novena, resultados que lle permiten afastarse dos postos de descenso. 

O mellor aconteceu coas mulleres. Cabo gañou a súa quenda diante de Hondarribia, Tirán e Hibaika, á que superou na táboa e meteu no posto de play out. Tamén aproveitaron as de Moaña para recuperar un punto malia que seguen no posto de descenso directo. A vitoria foi para Arraun Lagunak, a terceira noutras tantas probas. 

Na masculina tamén repetiu triunfo unha Urdaibai que, de momento, non ten rival. Cabo da Cruz gañou a primeira quenda diante dos seus rivais directos. Unha baixada do vento impediu que o resultado fose mellor pero meteu puntos cos postos de descenso e play out. Non van tan ben as cousas para Bueu. Última de novo e a máis de tres minutos de Urdaibai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos