Arnau Xaus demostra a súa facilidade goleadora no segundo triunfo do Liceo
Arnau Xaus demostra a súa facilidade goleadora no segundo triunfo do Liceo
A nova fichaxe do equipo galego marcou catro dos seis goles na vitoria en Lleida (4-6)
O Deportivo Liceo gañou o segundo partido da temporada na difícil pista do Lleida, un partido que tivo que suar porque o equipo local se puxo por diante cun 2-0. Os goles de Ojeda e o exliceísta Tombita poñían o medo no corpo ao equipo verde. Pero apareceu Arnau Xaus para recortar diferenzas e Dava Torres para igualar. Antes do descanso Ferruccio anotaba o 2-3 e ao pouco de principiar Xaus aumentaba a súa conta particular (2-4).
Parecía un momento tranquilo pero en menos de dous minutos o Lleida igualou cun dobrete de Darío Giménez. Sorte que apareceu Arnau Xaus con outros dous goles en falta directa para poñer o definitivo 4-6 e demostrar o acerto da súa fichaxe. O ano pasado, no Calafell, foi o segundo máximo goleador da OK Liga e no Liceo xa leva cinco goles en dúas xornadas.