Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a OK Liga cun sufrido triunfo do Liceo (2-1)

Comeza a OK Liga cun sufrido triunfo do Liceo (2-1)

O Alcoi vendeu moi cara a derrota e chegou con opcións de empate ao último minuto de partido

Ciocale e Arnau Xaus marcaron os goles do conxunto coruñés

G24.gal 13/10/2024 13:42

O Deportivo Liceo comezou a temporada con vitoria. Tivo que sufrir ata o último segundo diante do Alcoi, que gozou de ocasións para levar o empate de Riazor.

Os goles chegaron nuns primeiros quince minutos moi accidentados e con catro cartóns azuis. Ciocale marcou para o Liceo, igualou o coruñés Pablo del Río nunha falta directa e Arnau Xaus, unha das fichaxes desta campaña, marcou tamén de falta directa.

O marcador non se movería máis, malia que os dous equipos gozaron de ocasións e os nervios apareceron nos últimos minutos nos que puido darse calquera resultado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos