Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo perde contra o Barça e queda eliminado da Supercopa (5-2)

O Liceo perde contra o Barça e queda eliminado da Supercopa (5-2)

Os goles de César Carballeira e Dava Torres non lles abondaron aos de Juan Copa

O Barça avanza á final, na que se vai medir co Reus

G24.gal 05/10/2024 20:53

O Liceo non puido clasificarse para a gran final da Supercopa, que se está a xogar na Coruña. Non puido co Barça, que se impuxo por 5 a 2 na semifinal e será o rival do Reus polo título.

Os de Juan Copa entraron mal no partido, encaixando axiña o primeiro blaugrana. Levou a sinatura de Pablo Álvarez. Pero reaccionaron, e igualaron catro minutos despois por medio de César Carballeira.

Malia a isto, antes do descanso o Barça volveu desnivelar o resultado por medio de Sergi Llorca. Pero, sen dúbida, o momento decisivo no partido foron os tres minutos entre o 9 e o 12 desta segunda metade, cando Aragonés e Pascual asinaban o catro a un que deixaba a misión moi difícil. 

O Liceo volveu reaccionar, pero o tanto de Dava Torres foi insuficiente. Ademais, Pablo Álvarez marcou o cinco dous a falta dun minuto para o final. Os coruñeses quedaron fóra da final, pero a  semana que vén comezan a OK Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos