Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca a campaña electoral en Andalucía coas enquisas favorables ao candidato do PP

Arranca a campaña electoral en Andalucía coas enquisas favorables ao candidato do PP

O PSOE aspira a recuperar a Junta co seu novo candidato, Juan Espadas

O PP gañaría as eleccións andaluzas e tería maioría absoluta con Vox, di o CIS

G24.gal 02/06/2022 20:27 Última actualización 02/06/2022 20:36

Ás doce da noite arranca oficialmente a campaña das eleccións autonómicas adiantadas en Andalucía, que se celebrarán o próximo 19 de xuño.

As enquisas son favorables para o candidato do Partido Popular, que agarda revalidar a maioría e aspira a poder gobernar en solitario.

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, participará en actos electorais en seis das oito provincias andaluzas. "O noso obxectivo é ter unha maioría suficiente", asegura.

O PSOE intentará volver ao Palacio de San Telmo cun candidato novo, Juan Espadas, ao que as enquisas sitúan como segundo en intención de voto.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ten confirmada a presenza en polo menos tres actos de campaña en Andalucía.

Adriana Lastra, vicesecretaria xeral do PSOE, non dá nada por perdido: "Hai unha década Javier Arenas contaba con ter maioría absoluta, e acabou gobernando o PSOE", asegurou.

Por Andalucía e Adelante Andalucía completan o bloque da esquerda, e está por ver se sumarán para poder formar goberno.

Outra incógnita está nos resultados de Ciudadanos e de Vox, que poden ser clave na lexislatura se o PP no obtén maioría absoluta.

Os laranxas están dispostos a repetir pacto cos populares, pero as enquisas prognostícanlles malos resultados.

"Se mañá hai posibilidade de reeditar o goberno en Andalucía eu só o faría co PP", asegurou Juan Marín, o candidato de Ciudadanos.

O próximo goberno andaluz terá que dar resposta ás principais preocupacións da comunidade máis poboada de España. Segundo a enquisa do CIS son, por esta orde o paro, a sanidade e a crise económica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade