Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca o Congreso do PSOE pechando filas con Sánchez ante os casos xudiciais

Arranca o Congreso do PSOE pechando filas con Sánchez ante os casos xudiciais

Os socialistas buscan rearmarse para as eleccións de 2027 cun líder forte

O barón castelán manchego pide un congreso con autocrítica e non de entronización

As ministras de Igualdade, Pilar Alegría, Ciencia, Diana Morant, e Igualdade, Ana Redondo, xunto ao ex presidente Zapatero no 41 Congreso Federal do PSOE. EFE/Julio Muñoz)
G24.gal 29/11/2024 20:29

 Baixo o lema "España adianta pola esquerda" arrancou en Sevilla o Congreso Federal do PSOE que reelixirá a Pedro Sánchez como secretario xeral. A plana maior do socialismo quere consolidar o seu liderado e rearmarse para as citas electorais de 2027 cando haberá comicios xerais, autonómicos e municipais.

"Queremos unha España progresista e iso só depende do PSOE", aseguraba o expresidente Zapatero tras recoller un premio dos seus compañeiras por ser o impulsor das políticas de igualdade.

 Na dirección socialista din  estar tranquilos ante a ofensiva xudicial que ameazou a tranquilidade do Congreso. Atribúena a unha campaña orquestrada pola dereita sobre a que, din, acabará prevalendo a verdade.

"Temos un liderado forte que intentan manchar e desanimar. Non só atacándoo a el senon ao seu entorno familiar de xeito vil", dixo o secretario de Organización, Santos Cerdán.

Pero tamén se escoitarán voces críticas, como a do barón de Castela-A Mancha. García-Page pide un congreso de autocrítica e non de resistencia e entronización do líder.

"Un congreso que non é de futuro, que só é de resistencia, pode ofrecer a imaxe de bunker. Sería preciso adicarlle tempo a crítica e a autocrítica", afirmou García-Page.

"Polémica, ningunha. Pero debate haberá moito. Este é un partido que debate", replicaba a vicesecretaria xeral do PSOE, María Jesús Montero.

 Os socialistas galegos, con José Ramón Gómez Besteiro á fronte, incidirán na necesidade de mellorar o financiamento dos concellos e avanzar nas políticas de igualdade de xénero.

Agárdanse que do Congreso saian algúns cambios na executiva do PSOE, pero ningún no núcleo duro do secretario xeral.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade