Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga de autobuses seguirá os vindeiros días 5, 9 e 23 de decembro

A folga de autobuses seguirá os vindeiros días 5, 9 e 23 de decembro

En Galicia, os servizos mínimos están fixados no 55% do servizo de autobuses, e mantense o 100% do servizo do transporte escolar, así como o dos autobuses de uso especial para dos traslados das persoas traballadoras

de non chegar a un acordo coa patronal haberá novos paros dos profesionais que conducen os autobuses urbanos e interurbanos os vindeiros días 5, 9 e 23 decembro

G24.gal 29/11/2024 20:38

Segunda xornada da folga de condutores de autobuses urbanos e interurbanos. Reivindican a xubilación anticipada no sector. En Galicia, normalidade hoxe no funcionamento dos servizos mínimos, pero hai convocados máis paros nos vindeiros días. 

De non chegaren a un acordo coa patronal, segundo os sindicatos convocantes deste folga xeral no transporte de viaxieros, haberá novos paros dos profesionais que conducen os autobuses urbanos e interurbanos os vindeiros días 5, 9 e 23 decembro. A protesta faise para que estes traballadores e traballadoras poidan acceder á xubilación anticipada no sector.  Unha folga que se está a levar a cabo en todo o estado español, tamén nas cidades galegas. 

A de hoxe foi a segunda xornada deste paro convocado por Comisóns Obreiras, ( CC OO )e CGT e as centrais sindicais UGT ESLT retiráronse tras acadar xa acordos coa pratonal. En Galicia, os servizos mínimos están fixados no 55% do servizo de autobuses, e mantense o 100% do servizo do transporte escolar, así como o dos autobuses de uso especial para dos traslados das persoas traballadoras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade