Publicador de contidos
Publicador de contidos

O transporte de viaxeiros por estrada volve á folga coa ameaza dun paro indefinido

O transporte de viaxeiros por estrada volve á folga coa ameaza dun paro indefinido

Piden que se recoñeza a penosidade e perigosidade da profesión

Os paros afectan a autobuses urbanos, interurbanos, transporte discrecional e tamén algunhas rutas escolares

A convocatoria de folga repetirase este venres en todo o Estado

G24.gal 28/11/2024 14:07

Centos de persoas agardaban nas paradas e nas estacións para poder chegar aos seus destinos.  Outros buscaban alternativas como o tren, e os que non podían perder máis tempo decidíanse por un taxi. 

Esta convocatoria, a diferenza da anterior, só está apoiada por CCOO, xa que a UXT se descolgou do paro. Piden que se lles recoñeza a penosidade e perigosidade da súa profesión para anticipar a xubilación sen penalización nas pensións. 

A xornada transcorreu sen incidentes e cumpríronse os servizos mínimos. 

A convocatoria de folga a nivel nacional repetirase este venres. Se non se consegue antes un acordo, o paro converterase en indefinido a partir do 23 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade