Arranca o festival PortAmérica con tres xornadas de música e gastronomía
Arranca o festival PortAmérica con tres xornadas de música e gastronomía
A cita mestura a música en directo e a gastronomía de xeito sublime
Mondras, Guadi Galego, Xoel López e Vetusta Morla son algúns dos artistas desta primeira xornada
Recorda que podes seguir o festival en streaming por agalegal.gal
Primeiras horas dun dos festivais máis consolidados e agardados do verán galego, o PortAmérica, que dá comezo a tres días de música en directo en que a gastronomía xoga tamén un papel importante. Un evento pensado para a toda a familia e para todas as idades.
Mondra foi unha das primeiras apostas desta xornada, coa súa unha experiencia musical, visual e performativa en diálogo coa música tradicional galega.
Despois tocoulle a quenda a Guadi Galego, unha das artistas más coñecidas e veteranas da escena musical galega, que chega co seu último disco Roibén.
Os pratos fortes da noite xa están no forno e pouca presentación necesitan. Primeiro actuará o galego Xoel López, outro dos artistas máis famosos da nosa terra, que lle cederá o escenario a Vetusta Morla, vellos coñecidos do panorama indie nacional.
E para os más incombustibles, Carlos Sadness e Galician Army ata ben entrada a madrugada.
Sígueo por agalega.gal
O streaming arranca este xoves con oito concertos de Los Acebos, Mondra, Guadi Galego, Toquinho, Xoel López, Standstill, Carlos Sadness e Galician Army.
O venres retransmitiranse as actuacións de Adrián Timms, Caloncho, Shinova e The Rapants, e o sábado de Técnicas y Procedimientos e Arde Bogotá
Esta é a primeira das iniciativas que a CRTVG vai levar a cabo para estar “onde estás ti” e achegarse aos eventos culturais do verán.