Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca o xuízo pola morte de Manuela Chavero hai oito anos en Monesterio

Arranca o xuízo pola morte de Manuela Chavero hai oito anos en Monesterio

A Fiscalía e as tres acusacións particulares piden para Eugenio Delgado prisión permanente revisable

A defensa pide a libre absolución por falta de probas

G24.gal 13/05/2024 14:54 Última actualización 13/05/2024 15:24

Coa imaxe de Manuela Chavero moi presente ás portas da Audiencia de Badaxoz, veciños e amigos apoiaron a familia da vítima... Levan sen ela desde 2016, en que desapareceu. Oito anos despois afrontan o xuízo pola súa morte. 

Emilia, irmá de Manuela Chavero, entraba pedindo "que se faga xustiza. Estamos moi nerviosos hoxe. É o comezo e non sabemos como vai terminar"

No banco dos acusados senta Eugenio Delgado, detido catro anos despois de que Manuela desaparecera. Eran veciños e a última persoa que a viu con vida. Foi el quen levou os axentes a unha leira da súa propiedade onde enterrara o corpo de Manuela. Mantén que a morte foi accidental.

A Fiscalía e as tres acusacións particulares piden para el a máxima pena, a prisión permanente revisable.

O fiscal defendía na sala que "Manuela foi violada antes de ser golpeada brutalmente, de ser asasinada e de ser transportada no coche para enterrala nunha leira"

E a acusación particular que representa a irmá de Manuela, Verónica Guerrero dicía ás portas do xulgado: "Imos demostrar o que defendemos desde o primeiro momento. Que é a violación e o asasinato de Manuela Chavero".

O xuízo comezou coa elección do xurado popular, os informes previos das partes e vaise proxectar un vídeo coa reconstrución dos feitos.

Manuela desapareceu o 5 de xullo de 2016, deixando a porta da casa aberta e as luces acendidas. Daquela os veciños de Monesterio implicáranse na súa busca e oito anos despois seguen a carón da familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade