Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrinca a pretemporada do Breogán

Arrinca a pretemporada do Breogán

Mrsic lidera un equipo con novas caras

Foto: CB Breogán Foto: CB Breogán
G24.gal 17/08/2024 11:08

Hoxe tivo lugar o primeiro adestramento do C. B. Breogán de cara á nova campaña na Liga Endesa. Aos mandos da nave, Mrsic recibiu os seus no Pazo, despois de que estes superaran previamente os controis físicos.

Apareceu vestida de curto case a totalidade do cadro de xogadores, coas excepcións de Moore e Sakho, que se incorporarán nas vindeiras horas, tal e como afirmou o club. O "Breo" planificou xogar ata 6 partidos nesta pretemporada, que rematará coa Copa Galicia, xogada no Pazo dos Deportes de Lugo entre os días 20 e 22 de setembro.

Os lucenses arrincarán a nova campaña ligueira visitando o Bilbao Basket o 29 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade