Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrisca a súa vida por intentar salvar un veciño do lume

Arrisca a súa vida por intentar salvar un veciño do lume

Saltou desde o seu balcón do terceiro andar porque cría que o home estaba na casa

Os danos, malia que son cuantiosos, foron só materiais

G24.gal 03/03/2023 14:03

Gran susto o que se viviu na Coruña no cruzamento entre a avenida de Arteixo e a rolda de Outeiro. Un incendio nunha vivenda obrigou a actuar os bombeiros. E un veciño arriscou a vida por salvar outro residente.

Saltou desde o seu balcón, desde un terceiro andar, ao balcón do seu veciño porque cría que estaba na casa e que podería quedar atrapado polas lapas.

Cun martelo rompeu o cristal, pero unha intensa fumareda impediulle acceder ao interior. Por sorte, o seu veciño saíra media hora antes para facer a compra e na vivenda onde se orixinou o incendio, concretamente na cociña, non había ninguén.

Mentres, os veciños do inmoble, alertados por unha densa fumareda que saía pola ventá do patio de luces, baixaron á rúa para poñerse a salvo.

E mentres tratan de recuperarse, dan grazas pola rápida actuación dos bombeiros e tamén porque os danos, malia que son cuantiosos, foron só materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade